A xornada de portas abertas foi unha festa para os mais pequenos.
Foi, ademais, un día de agradables reencontros.
Cunha comunidade educativa comprometida, o traballo cotiá foise mais levadeiro.
Grazas a todos e a todas pola vosa presenza.
Parabéns!!!
Somos unha escola de Educación Infantil, con sede en Pastoriza, concello de Arteixo, provincia de A Coruña. Abertos as innovacións educativas, somos un centro crítico e dinámico. O profesorado do centro está en permanente formación. Dado que pretendemos que o noso alumnado aprenda a aprender nun ambente lúdico, pasamos os dias aprendendo a ensinar.
martes, 22 de noviembre de 2011
UN DIA DE FESTA
jueves, 17 de noviembre de 2011
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O martes, día 22 de novembro, ás 17:15 h., celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as novas instalacións a todos/as aqueles/as que formaron e forman parte da comunidade educativa desta Escola (familias, alumnado, mestres/as, concello, …).
Os membros do claustro e a dirección agardamos a vosa presenza.
viernes, 21 de octubre de 2011
PROBLEMAS DEBIDOS Á AUGA
Os problemas que obrigaron a cortar a auga en todo o centro quedarán solucionados ao longo da tarde do venres.
O luns a actividade docente desenvolverase con normalidade.
Esperamos e desexamos que non xurdan novos problemas.
Grazas pola súa colaboración.
O luns a actividade docente desenvolverase con normalidade.
Esperamos e desexamos que non xurdan novos problemas.
Grazas pola súa colaboración.
miércoles, 12 de octubre de 2011
TRASLADAMONOS AO NOVO EDIFICIO
Os días 14, 17,18 e 19 de outubro levaranse a cabo os traballos precisos para trasladar a escola dende os módulos ata o novo edificio.
O xoves día 20 de outubro estrearemos escola.
O xoves día 20 de outubro estrearemos escola.
jueves, 8 de septiembre de 2011
EMPEZA UN NOVO CURSO
Benvidos/as ao comezo do curso 2011-2012.
Lembrade que as clases empezarán o luns día 12 de setembro coa presentación do curso.
No taboleiro de anuncios da escola xa está exposto o calendario de adaptación para os alumnos e alumnas de novo ingreso.

miércoles, 8 de junio de 2011
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2011-2012
PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño de 2011
HORARIO: De 10:45 a 12:45
LUGAR: Dirección
HORARIO: De 10:45 a 12:45
LUGAR: Dirección
DOCUMENTACIÓN:
- Impreso de formalización (facilítao o centro).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno.
- Fotocopia do libro de vacinas.
- 4 fotos tamaño carné.
- Aquel alumno/a provinte doutro centro presentará a certificación de estar matriculado nel.
- Outros documentos que consideren de interese referentes á saúde, situación familiar, etc.
Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida (Artigo 52º.3 da Orde do 17 de marzo de 2007)
miércoles, 25 de mayo de 2011
TRABALLO PARA VOZ NATURA
Aquí tedes unhas cantas imaxenes do libro KASSUNGUILÁ ( Fondo de Cultura Económica), ao que fai referencia a nota que hoxe levaron para casa os nenos e nenas, onde xa se vos explica o que tedes que facer.
miércoles, 23 de marzo de 2011
Os avós son fontes de sabedoría
O luns día 21, Día Mundial da Poesía, tivemos a honra de recibir a Farruco de Mantoño, mariñeiro, poeta, ... e sobretodo AVÓ de David e Pablo. Recitou e contextualizou ao alumnado poemas do seu libro de poemas "Xentes e lembranzas" . Gracias Farruco
lunes, 21 de marzo de 2011
Unha reflexión sobre o sistema educativo
http://www.rtve.es/alacarta/videos/redes/redes-el-sistema-educativo-es-anacronico/1044110/?date=1302878851895
Entrevista de Eduardo Punset a Ken Robinson
Entrevista de Eduardo Punset a Ken Robinson
martes, 1 de marzo de 2011
Terceiro MANDADIÑO DE ENTROIDO
lunes, 28 de febrero de 2011
Segundo MANDADIÑO DE ENTROIDO
O martes pasaremos da cabeza aos pés e fixaremonos nos calcetíns pero non esquezas o sombreiro.
O MARTES xa o ves
cambia ALGO NOS PÉS
O MARTES xa o ves
cambia ALGO NOS PÉS
viernes, 25 de febrero de 2011
Primeiro MANDADIÑO DE ENTROIDO
Empezamos co primeiro dos catro mandadiños de Entroido que temos previsto para os catro primeiros días da vindeira semana.
"O LUNS pon un SOMBREIRO
coma o Bob Esponxa festeiro"
Ata o luns.
miércoles, 23 de febrero de 2011
SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2011-2012
Do día 1 de marzo ao 31 de marzo, de luns a venres e de 10:45 a 12:15 poderán formalizar as solicitudes de admisión para os nenos e nenas nacidos nos anos 2006, 2007 e 2008 de cara ao curso 2011-2012
Etiquetas:
Secretaría
viernes, 4 de febrero de 2011
O xornal "La Voz de Galicia" interésase polo noso Horto Escolar
O xornal La voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/01/27/0003_201101H27C9992.htm fai unha reportaxe ao noso alumnado poñendo patacas no horto escolar.
As actividades do horto escolar podedes seguilas no blog http://blogs.voznatura.es/eeibarrionovo/
As actividades do horto escolar podedes seguilas no blog http://blogs.voznatura.es/eeibarrionovo/
jueves, 3 de febrero de 2011
Falan de nós en Bibliotecas Escolares de Galicia
Biblotecas Escolares de Galicia faise eco da actividade "LIBROS QUE VEÑEN E VAN" que levamos acabo neste centro.Podedes velo neste enlace http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/358
Esta actividade está a ser moi motivadora para o alumnado.
Esta actividade está a ser moi motivadora para o alumnado.
miércoles, 2 de febrero de 2011
QUE SOMOS E ONDE ESTAMOS
Somos unha escola de Educación Infantil, con sede en Pastoriza, concello de Arteixo, provincia de A Coruña.
Aínda que somos un astro de pequenas dimensións (tres unidades de Ed. Infantil) dentro do universo educativo temos unha dimensión de ilusións que, polo momento, non coñece límites.
Abertos as innovacións educativas, somos un centro crítico e dinámico. O profesorado do centro está en permanente formación.
As ferramentas que nos ofrecen as TIC son usadas a cotío polo noso alumnado e polo profesorado.
Dado que pretendemos que o noso alumnado aprenda a aprender nun ambente lúdico, pasamos os dias aprendendo a ensinar.
Visitade os blogs de cada un dos cursos, especialidades, equipos, proxectos,... da eeibarrionovo, teredes un maís detallado coñecemento do que por aquí facemos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)