lunes, 28 de febrero de 2011

Segundo MANDADIÑO DE ENTROIDO

O martes pasaremos da cabeza aos pés e fixaremonos nos calcetíns pero non esquezas o sombreiro.
O MARTES  xa o ves


cambia ALGO NOS PÉS

viernes, 25 de febrero de 2011

Primeiro MANDADIÑO DE ENTROIDO

Empezamos co primeiro dos catro mandadiños de Entroido que temos previsto para os catro primeiros días da vindeira semana.

"O LUNS pon un SOMBREIRO


coma o Bob Esponxa festeiro"
Ata o luns.

miércoles, 23 de febrero de 2011

SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2011-2012

     Do día 1 de marzo ao 31 de marzo, de luns a venres e de 10:45 a 12:15  poderán formalizar as solicitudes de admisión para os nenos e nenas nacidos nos anos 2006, 2007 e 2008 de cara ao curso 2011-2012

viernes, 4 de febrero de 2011

O xornal "La Voz de Galicia" interésase polo noso Horto Escolar

O xornal La voz de Galicia   http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/01/27/0003_201101H27C9992.htm     fai unha reportaxe ao noso alumnado poñendo patacas no horto escolar.
As actividades do  horto escolar podedes seguilas no blog  http://blogs.voznatura.es/eeibarrionovo/

jueves, 3 de febrero de 2011

Falan de nós en Bibliotecas Escolares de Galicia

Biblotecas Escolares de Galicia faise eco da actividade "LIBROS QUE VEÑEN E VAN" que levamos acabo neste centro.Podedes velo neste enlace http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/358
Esta actividade está a ser moi motivadora para o alumnado.

miércoles, 2 de febrero de 2011

QUE SOMOS E ONDE ESTAMOS

Somos unha escola de Educación Infantil, con sede en Pastoriza, concello de Arteixo, provincia de A Coruña.
Aínda que somos un astro de pequenas dimensións (tres unidades de Ed. Infantil) dentro do universo educativo temos unha dimensión de ilusións que, polo momento, non coñece límites.
Abertos as innovacións educativas, somos un centro crítico e dinámico. O profesorado do centro está en permanente formación.
As ferramentas que nos ofrecen as TIC son usadas a cotío polo noso alumnado e polo profesorado.
Dado que pretendemos que o noso alumnado aprenda a aprender nun ambente lúdico, pasamos os dias aprendendo a ensinar.
Visitade os blogs de cada un dos cursos, especialidades, equipos, proxectos,... da eeibarrionovo, teredes un maís detallado coñecemento do que por aquí facemos.