lunes, 16 de enero de 2012

HOXE RECIBIMOS A VISITA DE PROFESORES UNIVERSITARIOS

    

     No día de hoxe, recibimos a visita de nove profesores/as, pertencentes á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, interesados en achegarse á nosa realidade  educativa e en coñecer  persoalmente a nosa práctica docente cotiá.
     En días pasados, a profesora Mª Cristina Naya Riveiro puxérase en contacto connosco para solicitar unha visita ao noso centro dado que o coñecemento do noso labor docente espertara a seu interese e o dos seus compañeiros/as de departamento.
     Grazas a todos e a todas aqueles/as que contribuiron e contribuen a  que a nosa escola saia das súas fronteiras xeográficas.