Os alumnos/as de novo ingreso neste Centro, nacidos nos anos 2007, 2008 ou 2009, deberán presentar unha solicitude de admisión (anexo II da orde de 17 de marzo de 2007) que lles facilitará o Centro e aportar o Libro de Familia, D.N.I. do alumno ou outro documento acreditativo da súa identidade.
PRAZO: Do 1 de marzo ao 10 de abril.
HORARIO: De luns a venres de 11:00 horas a 12:30 horas.
A documentación xustificativa dos méritos alegados para a aplicación dos criterios de admisión, no caso de haber mais peticións que prazas, presentarase entre o 11 de abril e o 20 de abril.
As listas provisionais de admitidos e non admitidos publicaranse antes do 30 de abril.