miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA ÁRBORE: PLANTANDO CINCUENTA E CINCO CASTIÑEIROS

 
Este ano o día da árbore celebrámolo plantando castiñeiros.
Coa excelente colaboración e axuda dos técnicos de Medio Ambiente do concello de Arteixo, o alumnado e o profesorado da escola plantamos, no día de hoxe,  55 castiñeiros, doados pola sección de Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar, nunha parcela comunal da parroquia de Larín, cedida ao efecto polos comuneiros.
Grazas a todos por facer posible esta actividade.


martes, 20 de marzo de 2012

CONCERTO DIDÁCTICO NA ESCOLA

  Este concerto nace das actividades ofertadas polo departamento de educación do concello de Arteixo e está recollido na Programación Xeral Anual do centro.  
  Os intérpretes Víctor e Óscar, da escola municipal de música,  tocando a gaita, a zanfona, o acordeón e o tamboril, ofrecéronnos un animado concerto, explicáronnos o funcionamento e as partes dos instrumentos, de que estaban feitos, ...,  e contestaron amablemente ás nosas preguntas.
  Grazas Victor e Oscar.