Somos unha escola de Educación Infantil, con sede en Pastoriza, concello de Arteixo, provincia de A Coruña. Abertos as innovacións educativas, somos un centro crítico e dinámico. O profesorado do centro está en permanente formación. Dado que pretendemos que o noso alumnado aprenda a aprender nun ambente lúdico, pasamos os dias aprendendo a ensinar.
viernes, 10 de febrero de 2012
Primeiro MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012
Etiquetas:
Actividades
lunes, 16 de enero de 2012
HOXE RECIBIMOS A VISITA DE PROFESORES UNIVERSITARIOS
No día de hoxe, recibimos a visita de nove profesores/as, pertencentes á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, interesados en achegarse á nosa realidade educativa e en coñecer persoalmente a nosa práctica docente cotiá.
En días pasados, a profesora Mª Cristina Naya Riveiro puxérase en contacto connosco para solicitar unha visita ao noso centro dado que o coñecemento do noso labor docente espertara a seu interese e o dos seus compañeiros/as de departamento.
Grazas a todos e a todas aqueles/as que contribuiron e contribuen a que a nosa escola saia das súas fronteiras xeográficas.
martes, 22 de noviembre de 2011
UN DIA DE FESTA
A xornada de portas abertas foi unha festa para os mais pequenos.
Foi, ademais, un día de agradables reencontros.
Cunha comunidade educativa comprometida, o traballo cotiá foise mais levadeiro.
Grazas a todos e a todas pola vosa presenza.
Parabéns!!!
Foi, ademais, un día de agradables reencontros.
Cunha comunidade educativa comprometida, o traballo cotiá foise mais levadeiro.
Grazas a todos e a todas pola vosa presenza.
Parabéns!!!
jueves, 17 de noviembre de 2011
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O martes, día 22 de novembro, ás 17:15 h., celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as novas instalacións a todos/as aqueles/as que formaron e forman parte da comunidade educativa desta Escola (familias, alumnado, mestres/as, concello, …).
Os membros do claustro e a dirección agardamos a vosa presenza.
viernes, 21 de octubre de 2011
PROBLEMAS DEBIDOS Á AUGA
Os problemas que obrigaron a cortar a auga en todo o centro quedarán solucionados ao longo da tarde do venres.
O luns a actividade docente desenvolverase con normalidade.
Esperamos e desexamos que non xurdan novos problemas.
Grazas pola súa colaboración.
O luns a actividade docente desenvolverase con normalidade.
Esperamos e desexamos que non xurdan novos problemas.
Grazas pola súa colaboración.
miércoles, 12 de octubre de 2011
TRASLADAMONOS AO NOVO EDIFICIO
Os días 14, 17,18 e 19 de outubro levaranse a cabo os traballos precisos para trasladar a escola dende os módulos ata o novo edificio.
O xoves día 20 de outubro estrearemos escola.
O xoves día 20 de outubro estrearemos escola.
jueves, 8 de septiembre de 2011
EMPEZA UN NOVO CURSO
Benvidos/as ao comezo do curso 2011-2012.
Lembrade que as clases empezarán o luns día 12 de setembro coa presentación do curso.
No taboleiro de anuncios da escola xa está exposto o calendario de adaptación para os alumnos e alumnas de novo ingreso.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)