miércoles, 15 de febrero de 2012

Cuarto MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012

Rematamos os mandadiños de Entroido con este para o XOVES 16

CON MOITA ALEGRÍA
 VIRÁS DE FANTASÍA


martes, 14 de febrero de 2012

Terceiro MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012

O mandadiño de Entroido para o MÉRCORES 15 é

NO MUNDO AO REVÉS,
RAÍCES NA COPA
SEMENTES NOS PÉS

lunes, 13 de febrero de 2012

Segundo MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012

O primeiro mandadiño foi un éxito. Grazas.

O segundo mandadiño é  para O MARTES 14

"ANIMAL SERÁS
SE NESTE BOSQUE ESTÁS"

viernes, 10 de febrero de 2012

Primeiro MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012

Estamos en tempo de Entroido e este é o  primeiro dos catro mandadiños que temos previsto para os catro primeiros días da vindeira semana.
Coma sempre a vosa colaboración será imprescindible.

Para O LUNS 13
  " ESCOLLAS O QUE ESCOLLAS,
TEN QUE LEVAR FOLLAS"




lunes, 16 de enero de 2012

HOXE RECIBIMOS A VISITA DE PROFESORES UNIVERSITARIOS

    

     No día de hoxe, recibimos a visita de nove profesores/as, pertencentes á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, interesados en achegarse á nosa realidade  educativa e en coñecer  persoalmente a nosa práctica docente cotiá.
     En días pasados, a profesora Mª Cristina Naya Riveiro puxérase en contacto connosco para solicitar unha visita ao noso centro dado que o coñecemento do noso labor docente espertara a seu interese e o dos seus compañeiros/as de departamento.
     Grazas a todos e a todas aqueles/as que contribuiron e contribuen a  que a nosa escola saia das súas fronteiras xeográficas.

martes, 22 de noviembre de 2011

UN DIA DE FESTA

A xornada de portas abertas foi unha festa para os mais pequenos.
Foi, ademais,  un día de agradables reencontros.
Cunha comunidade educativa comprometida, o traballo cotiá foise mais levadeiro.
Grazas a todos e a todas pola vosa presenza.
Parabéns!!!

jueves, 17 de noviembre de 2011

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

           O martes, día 22 de novembro, ás 17:15 h.,  celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as novas instalacións a  todos/as aqueles/as que formaron e forman parte da comunidade educativa desta Escola (familias, alumnado, mestres/as, concello, …).
Os membros do claustro e a dirección agardamos a vosa presenza.