martes, 22 de noviembre de 2011

UN DIA DE FESTA

A xornada de portas abertas foi unha festa para os mais pequenos.
Foi, ademais,  un día de agradables reencontros.
Cunha comunidade educativa comprometida, o traballo cotiá foise mais levadeiro.
Grazas a todos e a todas pola vosa presenza.
Parabéns!!!

jueves, 17 de noviembre de 2011

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

           O martes, día 22 de novembro, ás 17:15 h.,  celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as novas instalacións a  todos/as aqueles/as que formaron e forman parte da comunidade educativa desta Escola (familias, alumnado, mestres/as, concello, …).
Os membros do claustro e a dirección agardamos a vosa presenza.

viernes, 21 de octubre de 2011

PROBLEMAS DEBIDOS Á AUGA

Os problemas que obrigaron a cortar a auga  en todo o centro quedarán solucionados ao longo da tarde do venres.
O luns a actividade docente desenvolverase con normalidade.
Esperamos e desexamos que non xurdan novos problemas.
Grazas pola súa colaboración.

miércoles, 12 de octubre de 2011

TRASLADAMONOS AO NOVO EDIFICIO

Os días 14, 17,18 e 19 de outubro levaranse a cabo os traballos precisos para trasladar a escola dende os módulos ata o novo edificio.
O xoves día 20 de outubro estrearemos escola.

jueves, 8 de septiembre de 2011

EMPEZA UN NOVO CURSO

Benvidos/as ao comezo do curso 2011-2012.
Lembrade que as clases empezarán o luns día 12 de setembro coa presentación do curso.
No taboleiro de anuncios da escola xa está exposto o calendario de adaptación para os alumnos e alumnas de novo ingreso.

miércoles, 8 de junio de 2011

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2011-2012

PRAZO:       Do 20 ao 30 de xuño de 2011
HORARIO: De 10:45 a 12:45
LUGAR:      Dirección

DOCUMENTACIÓN:
-         Impreso de formalización (facilítao o centro).
-         Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno.
-         Fotocopia  do libro de vacinas.
-         4 fotos tamaño carné.
-         Aquel alumno/a provinte doutro centro presentará a certificación de estar matriculado nel.
-         Outros documentos que consideren de interese  referentes á saúde, situación familiar, etc.


Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida (Artigo 52º.3 da Orde do 17 de marzo de 2007)

miércoles, 25 de mayo de 2011

TRABALLO PARA VOZ NATURA






Aquí tedes unhas cantas imaxenes do libro KASSUNGUILÁ ( Fondo de Cultura Económica), ao que fai referencia a nota que hoxe levaron para casa os nenos e nenas, onde xa se vos explica o que tedes que facer.

Grazas por anticipado pola vosa colaboración


.