miércoles, 2 de febrero de 2011

QUE SOMOS E ONDE ESTAMOS

Somos unha escola de Educación Infantil, con sede en Pastoriza, concello de Arteixo, provincia de A Coruña.
Aínda que somos un astro de pequenas dimensións (tres unidades de Ed. Infantil) dentro do universo educativo temos unha dimensión de ilusións que, polo momento, non coñece límites.
Abertos as innovacións educativas, somos un centro crítico e dinámico. O profesorado do centro está en permanente formación.
As ferramentas que nos ofrecen as TIC son usadas a cotío polo noso alumnado e polo profesorado.
Dado que pretendemos que o noso alumnado aprenda a aprender nun ambente lúdico, pasamos os dias aprendendo a ensinar.
Visitade os blogs de cada un dos cursos, especialidades, equipos, proxectos,... da eeibarrionovo, teredes un maís detallado coñecemento do que por aquí facemos.

1 comentario: