domingo, 10 de junio de 2012

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2012-2013


PRAZO:     Do 20 de xuño ao 2 de xullo de 2012.
HORARIO:     De 11  a 12:30 horas.
LUGAR:          Dirección/Secretaría


DOCUMENTACIÓN:
-         Impreso de formalización (facilítao o centro).
-         Cuestionario sobre a lingua materna do alumno/a (facilítao o centro) .
-         Autorización a publicación da imaxe do alumno/a (facilítao o centro) .
-         Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
-         Fotocopia  do libro de vacinas do alumno/a.
-         4 fotos tamaño carné do alumno/a.
-         Aquel alumno/a provinte doutro centro deberá presentar a certificación de estar matriculado nel.
-         Outros documentos que consideren de interese  referentes á saúde, situación familiar, etc.


Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida (Artigo 52º.3 da Orde do 17 de marzo de 2007)






martes, 24 de abril de 2012

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Dado que o número de  solicitudes presentadas resultou inferior ao número de prazas ofertadas, foron admitidas todas as solicitudes presentadas.
Recorden que entre o 20 e o 30 de xuño deberán formalizar a matrícula, de non facelo perderán o dereita á praza.

miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA ÁRBORE: PLANTANDO CINCUENTA E CINCO CASTIÑEIROS

 
Este ano o día da árbore celebrámolo plantando castiñeiros.
Coa excelente colaboración e axuda dos técnicos de Medio Ambiente do concello de Arteixo, o alumnado e o profesorado da escola plantamos, no día de hoxe,  55 castiñeiros, doados pola sección de Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar, nunha parcela comunal da parroquia de Larín, cedida ao efecto polos comuneiros.
Grazas a todos por facer posible esta actividade.


martes, 20 de marzo de 2012

CONCERTO DIDÁCTICO NA ESCOLA

  Este concerto nace das actividades ofertadas polo departamento de educación do concello de Arteixo e está recollido na Programación Xeral Anual do centro.  
  Os intérpretes Víctor e Óscar, da escola municipal de música,  tocando a gaita, a zanfona, o acordeón e o tamboril, ofrecéronnos un animado concerto, explicáronnos o funcionamento e as partes dos instrumentos, de que estaban feitos, ...,  e contestaron amablemente ás nosas preguntas.
  Grazas Victor e Oscar.

lunes, 27 de febrero de 2012

SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2012-2013


Os alumnos/as de novo ingreso neste Centro, nacidos nos anos 2007, 2008 ou 2009, deberán presentar unha solicitude de admisión (anexo II da orde de 17 de marzo de 2007) que lles facilitará o Centro e aportar o Libro de Familia, D.N.I. do alumno ou outro documento acreditativo da súa identidade. 

PRAZO:          Do 1 de  marzo  ao 10 de abril.

HORARIO:    De  luns a venres de 11:00 horas a 12:30 horas.

A documentación xustificativa dos méritos alegados para a aplicación dos criterios de admisión, no caso de haber mais peticións que prazas, presentarase entre o 11 de abril e o 20 de abril.

As listas provisionais de admitidos e non admitidos publicaranse antes do 30 de abril.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Cuarto MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012

Rematamos os mandadiños de Entroido con este para o XOVES 16

CON MOITA ALEGRÍA
 VIRÁS DE FANTASÍA


martes, 14 de febrero de 2012

Terceiro MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012

O mandadiño de Entroido para o MÉRCORES 15 é

NO MUNDO AO REVÉS,
RAÍCES NA COPA
SEMENTES NOS PÉS

lunes, 13 de febrero de 2012

Segundo MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012

O primeiro mandadiño foi un éxito. Grazas.

O segundo mandadiño é  para O MARTES 14

"ANIMAL SERÁS
SE NESTE BOSQUE ESTÁS"

viernes, 10 de febrero de 2012

Primeiro MANDADIÑO DE ENTROIDO 2012

Estamos en tempo de Entroido e este é o  primeiro dos catro mandadiños que temos previsto para os catro primeiros días da vindeira semana.
Coma sempre a vosa colaboración será imprescindible.

Para O LUNS 13
  " ESCOLLAS O QUE ESCOLLAS,
TEN QUE LEVAR FOLLAS"




lunes, 16 de enero de 2012

HOXE RECIBIMOS A VISITA DE PROFESORES UNIVERSITARIOS

    

     No día de hoxe, recibimos a visita de nove profesores/as, pertencentes á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, interesados en achegarse á nosa realidade  educativa e en coñecer  persoalmente a nosa práctica docente cotiá.
     En días pasados, a profesora Mª Cristina Naya Riveiro puxérase en contacto connosco para solicitar unha visita ao noso centro dado que o coñecemento do noso labor docente espertara a seu interese e o dos seus compañeiros/as de departamento.
     Grazas a todos e a todas aqueles/as que contribuiron e contribuen a  que a nosa escola saia das súas fronteiras xeográficas.