martes, 20 de marzo de 2012

CONCERTO DIDÁCTICO NA ESCOLA

  Este concerto nace das actividades ofertadas polo departamento de educación do concello de Arteixo e está recollido na Programación Xeral Anual do centro.  
  Os intérpretes Víctor e Óscar, da escola municipal de música,  tocando a gaita, a zanfona, o acordeón e o tamboril, ofrecéronnos un animado concerto, explicáronnos o funcionamento e as partes dos instrumentos, de que estaban feitos, ...,  e contestaron amablemente ás nosas preguntas.
  Grazas Victor e Oscar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario